Monterroso acollerá unha nova Feira de Oportunidades os días 8 e 9 de agosto

LugoXa
Os comercios interesados en sumarse a esta iniciativa deberán formalizar a súa inscrición hoxe, 30 de xullo, como último día
feira-oportunidades-monterroso
30 Jul 2025

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias locais, organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades, que terá lugar os días 8 e 9 de agosto. A iniciativa busca dinamizar o comercio local e fomentar o consumo nos negocios da vila.

Como incentivo adicional, o Goberno municipal celebrará un sorteo de 480 euros en vales de compra, que estarán repartidos entre os establecementos participantes. Cada vale terá un valor máximo de 30 euros.

Os comercios interesados en sumarse a esta iniciativa deberán formalizar a súa inscrición hoxe, 30 de xullo, como último día, a través dun mensaxe de WhatsApp ao teléfono da traballadora de cultura (626 52 98 93).

O sorteo dos vales realizarase o 11 de agosto ás 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e poderá seguirse en directo a través das redes sociais oficiais do Concello de Monterroso.

⚙ Configurar cookies
0.2025990486145