Monterroso anima á veciñanza a participar no 'Minerais contra o cancro'
LugoXa
'Minerais contra o cancro' nace co obxectivo de coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores
9 Maio 2022
O Concello de Monterroso colabora no proxecto Minerais contra o cancro. Este programa nace o obxectivo de coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de quimioterapia e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o pronóstico dos pacientes.
O programa de investigación está integrado por un equipo multidisciplinar composto por persoal das Facultades de Veterinaria e Ciencias da USC e polo Hospital Lucus Augusti.
Para a primeira fase deste estudo necesitan mostras de sangue da poboación da provincia de Lugo é por iso que, dende o Goberno Municipal de Monterroso, animan á veciñanza a doar sangue para este pioneiro proxecto.