Monterroso celebra as Letras Galegas cun completo programa de actos

LugoXa
O día 17 terá lugar a I edición do Letras Galegas Miúdas, un recital de poemas a cargo dos nenos e nenas do Colexio de Monterroso
nenos-Monterroso-Día-das-Letras-Galegas
12 May 2025

O Concello de Monterroso celebra as Letras Galegas cun completo programa de actos o sábado 17, coincidindo co propio día das Letras Galegas.

Ás 11:00 horas no Centro Sociocultural levarase a cabo a presentación do libro 'As feiras de Monterroso e outras lembranzas' de Pablo Pérez Álvarez.

De seguido, terá lugar a I edición do Letras Galegas Miúdas, un recital de poemas a cargo dos nenos e nenas do Colexio de Monterroso.

Ás 12:30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela farase unha ofrenda floral e haberá unha actuación do grupo de cantareiras da Asociación Sociocultural Falcatrueiros.

⚙ Configurar cookies
0.16930294036865