Monterroso celebra este domingo a oitava edición do Desafío San Miguel

LugoXa
A ruta cicloturista, con percorridos de 57 e 37 quilómetros, promove o deporte e a posta en valor da Ulloa e a Ribeira Sacra
desafio-San-Miguel-Monterroso
11 Sep 2025

Monterroso converterase este domingo, 14 de setembro, no escenario da oitava edición do Desafío San Miguel, unha cita cicloturista organizada polo Club Ciclista San Miguel coa colaboración do Concello e da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada Iria Castro achegouse á localidade para coñecer os detalles dunha proba que ten como obxectivo incentivar a actividade física ao tempo que se promove o territorio, poñendo en valor os camiños e sendeiros da comarca da Ulloa e da Ribeira Sacra, así como o seu patrimonio natural e cultural.

A competición terá como punto de saída e chegada a Cúpula e ofrece dúas modalidades: unha ruta longa de 57 quilómetros e outra máis curta de 37. Ambas partirán ás 9.30 horas. A organización dispón de avituallamentos durante o percorrido, servizo de lavado de bicicletas e un pincho final para todas as persoas participantes.

⚙ Configurar cookies
0.17701983451843