Monterroso celebra o San Cristovo

LugoXa
O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Festas na celebración o vindeiro dez de xullo do San Cristovo, festivo local
sancristovo_monterroso
2 Xul 2024

O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Festas na celebración o vindeiro dez de xullo do San Cristovo, festivo local. A celebración comeza ás 1100 horas cun pasacalles a cargo de Falcatrueiros. Ás 11.30 haberá animación de rúa coa Charanga Os Jalácticos.

Ás 12.30 misa solemne e posterior bendición e desfile dos coches coa actuación do Grupo de Gaitas Falcatrueiros. Ás 13.30 sesión vermú na área recreativa da Peneda coa Charanga Os Jalácticos e ás 22.00 horas verbena coa Orquestra Escaparate. Antes do comezo da actuación terá lugar a entrega de premios cos coches mellor engalanados.

0.19875812530518