Monterroso celebra unha nova edición da Festa da Xuventude

LugoXa
Monterroso celebra a que será a XVIII edición da Xuventude este venres
monterroso-concello
29 Xul 2024

Monterroso celebra a que será a XVIII edición da Xuventude este venres. Ás 13.00 haberá unha sesión vermú no Bar Fogar co Neto do Rubio e pola tarde, a partir das 16.00, os asistentes desfrutarán dunha actuación fantástica de maxia co Soño de Mr. Brandan no templete da Praza do Alcalde

Os xogos populares serán a partir das 16.30 horas no Espazo Lorenzo Varela, onde haberá animación musical. Ás 19:00 comezará a ruta a cargo da Charanga Europa que partirá dende o Espazo Lorenzo Varela e rematará na avenida do Marco. A partir das 23.30 dará comezo á verbena da man da orquesta Grupo Superstar e o dj Meu Carinho.

xuventude_monterroso
0.19658708572388