Monterroso celebra unha nova edición da súa Feira de Oportunidades

LugoXa
A cita, que terá lugar os días 11 e 12 de abril, busca dinamizar o comercio local cun sorteo de vales de compra
feria-oportunidades-monterroso
27 Mar 2025

O Concello de Monterroso acollerá unha nova edición da Feira de Oportunidades os días 11 e 12 de abril, un evento que pretende impulsar o comercio local e fomentar o consumo na vila. Unha decena de establecementos únense a esta iniciativa, ofrecendo aos clientes descontos especiais e produtos a prezos reducidos.

Como incentivo adicional, o Concello realizará un sorteo de 480 euros en vales de compra, repartidos en 16 premios de 30 euros cada un, que poderán empregarse nos negocios participantes. O sorteo celebrarase o 14 de abril ás 10:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido en directo a través das redes sociais oficiais do Concello de Monterroso.

Os establecementos adheridos a esta edición son: Marisa Floristería, Divina Floristería, Lucía Aromas, Mercería Casa Gaseosas, Marton Sport, Cris Abad, Calzados Monterroso, Moda Triscos, Otero Moda e Modas Ramos.

Esta Feira de Oportunidades preséntase como unha excelente ocasión para apoiar o comercio de proximidade e atopar produtos de calidade a prezos accesibles.

⚙ Configurar cookies
0.10413503646851