Monterroso celebrará San Cristovo 2025 con pasarrúas, bendición de coches, verbena e xantar popular

LugoXa
A xornada festiva comezará ás 11:00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo Falcatrueiros, seguido da animación de rúa da charanga Os Jalácticos
San-Cristovo-Monterroso-2024
2 Jul 2025

O Concello de Monterroso celebra o vindeiro xoves 10 de xullo as tradicionais Festas de San Cristovo 2025, cun completo programa de actividades pensadas para todos os públicos.

A xornada festiva comezará ás 11:00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo Falcatrueiros, seguido da animación de rúa da charanga Os Jalácticos ás 11:30 horas. A continuación, ás 12:30 horas, celebrarase a misa solemne e a tradicional bendición e desfile de coches, que contará coa actuación do Grupo de Gaitas Falcatrueiros. Os vehículos mellor engalanados recibirán premio durante a verbena da noite.

Ás 13:30 horas, a charanga Os Jalácticos animará a sesión vermú na Área Recreativa da Peneda, onde tamén se celebrará un xantar popular. Desde o Goberno local infórmase que as persoas que desexen participar no xantar deberán reservar mesas e cadeiras antes do 8 de xullo, nas oficinas da Casa Consistorial de Monterroso.

A festa pecharase ás 22:00 horas coa verbena da orquestra Escaparate, durante a cal se entregarán os premios aos coches mellor engalanados.

⚙ Configurar cookies
1.1050319671631