Monterroso celebrou o 40 aniversario da Coral Ecos do Ulla cun acto multitudinario

LugoXa
A formación reuniu integrantes de todas as etapas desde 1985 nun encontro con homenaxe musical, entrega de agasallos e cea festiva
40-anos-da-Coral-Ecos-do-Ulla
17 Nov 2025

O Centro Social de Monterroso converteuse no escenario da celebración polo corenta aniversario da Coral Ecos do Ulla, nun acto que reuniu aos membros que formaron parte da agrupación desde o ano 1985.

A xornada, organizada coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Monterroso, incluíu un concerto homenaxe, a entrega de diversos agasallos e unha cea que serviu para reencontrar xeracións de coralistas.

A Deputada Provincial participou na conmemoración acompañada pola presidenta da entidade, Blanca Nieves Novo Rodríguez, ademais de numerosos veciños e veciñas da localidade e outras autoridades que quixeron sumarse a este aniversario tan significativo para a vida cultural de Monterroso.

⚙ Configurar cookies
0.2230339050293