Monterroso contará dende mañá cunha feira de Nadal

LugoXa
Monterroso acolle durante os días 23 e 24 de decembro unha feira de Nadal con postos de artesanía e mercadiño.
22 Dec 2022

Monterroso acolle durante os días 23 e 24 de decembro unha feira de Nadal con postos de artesanía e mercadiño.

O horario do venres será dende as 12.00 ata as 00.00 e a animación dará comezo ás 12.45 co espectáculo infantil Rapazada dos 90. Unha actuación con bases, piano e voz no que se conta e canta aos nenos como era a infancia nos 90 dentro da Escenavana, un escenario móbil feito a man por monterrosinos que se convirte nun chamativo escenario no que vai integrado luz e son.

Pola tarde, ás 17.00 en colaboración coa ANPA do CEIP de Monterroso farase unha animación de rúa na que os elfos percorrerán as rúas de Monterroso, esperándoos Papá Noel na súa primeira recepción ás 18.00, seguida dunha gran chocolatada para os máis cativos.

Ás 20.00 será o turno de Jinetes del Trópico os que deleitarán ao público coas súas cancións de cumbia, ritmos tropicais, electrónica, ska, reggaeton á galega e así ata un sinfín de estilos, todos cun denominador común: facer bailar aos seus seguidores sin parar nunha verbena irrepetible e ás 22.00 será o turno do DJ local O neto do rubio que deleitará aos asistentes cunha gran variedade de música que fará bailar a todos os asistentes.

O sábado o horario da Feira será de 10.00 a 14.00 horas e haberá inchables e obradoiros sendo un programa de conciliación aberto a todas as familias. Ás 11.00 Papá Noel fará a súa segunda recepción oficial na súa casa móbil na que fará entrega aos máis pequenos de regalos moi doces.

Para axudar a todos os monterrosinos que máis o precisen estará habilitado tamén un rincón solidario de recollida de alimentos de Nadal no que os asistentes poderán facer a súa aportación.

0.20582389831543