Monterroso destinará unha partida orzamentaria para as asociacións

LugoXa
O BNG de Monterroso solicitou no último pleno a proposta para que os colectivos teñan asegurado o poder seguir realizando as súas actividades
Brais-Vázquez-bng-monterroso
O concelleiro Brais Vázquez
7 Xuño 2024

O BNG de Monterroso solicitou no último pleno celebrado que se destine unha partida orzamentaria para que as asociacións do concello teñan asegurado o poder seguir realizando as súas actividades. O concelleiro nacionalista expuxo que “Monterroso é unha vila que conta cun gran tecido asociativo”.

Historicamente quen dinamizada a vida da vila son as asociacións locais coas súas actividades anuais e puntais. Debido á problemática orzamentaria existente no concello, as asociación deportivas, culturais e veciñais están en serio risco de supervivencia pola ausencia de orzamento municipal para o 2024. Os concellos contan con ferramentas para resolver este problema, “evidentemente o primeiro sería a aprobación dun novo orzamento con inclusión das subvencións nominativas, como este paso non quere dalo o alcalde pois pedimoslle que modifique outras dotacións orzamentarias para usar en este tipo de proxectos” explicou Vázquez .

“Non entendemos que non teña dispoñibilidade para as asociacións que dinamizan o concello e o teñan para outro tipo de actos e gastos que o único que serven é para o seu enxalzamento en redes ou para a súa petición de dedicacións exclusivas”, recalcou o concelleiro. Esta moción “foi aprobada polo pleno, co cal estaremos vixiantes para que se cumpra o mandato do pleno do concello, que é o órgano final de goberno nun concello”, concluíu.

 

0.081907033920288