Monterroso e Palas de Rei reparan os accesos entre Gontá de arriba e Gontá de abaixo

LugoXa
As obras van consistir na adecuación dos accesos entre os dous pobos con capa de formigón
gonta_monterroso_palas
As obras van consistir na adecuación dos accesos
31 May 2024

Os Concello de Monterroso e Palas de Rei reciben unha axuda da Xunta de Galicia para reparar os accesos entre Gontá de arriba e Gontá de abaixo. As obras van consistir na adecuación dos accesos entre os dous pobos con capa de formigón.

En concreto, o Goberno galego concédelles aos dous concellos esta subvención para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinada a concellos de Galicia para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.

A Xunta concede a subvención por importe de 15.946,48 euros, (o 70 % do importe total), para o proxecto denominado ‘Pavimentación de camiño público de Palas de Rei e Monterroso’, que ten un orzamento total de 22.780,68 euros. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitaron a zona onde se vai actuar acompañados do pedáneo, JoséManuel Porto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19419312477112