Monterroso está a renovar as luminarias viarias e ornamentais da vila
O Concello de Monterroso comezou durante esta semana a renovación das instalacións lumínicas da vila. Ata o momento estas permanecían obsoletas, con luminarias viarias e ornamentais vellas e deterioradas ademais de que enerxéticamente eran ineficientes.
Este tipo de actuacións axudarán a mellorar a visibilidade dos veciños. Ademais, preténdese cumprir co (PACES) pacto de alcaldes contra o cambio climático que ten como obxectivo lograr un aforro considerable para as arcas municipais e mellorar esteticamente o entorno da Cúpula e da Praza Rojo Losada.
A actuación ten un custe de 28.289,95 euros ao abeiro da solicitude do equipo de goberno do Plan Único da Deputación de Lugo.
O cambio as novas luminarias suporán unha diminución dos custos ao ser estas novas de baixo consumo.