Monterroso expedirá desde o luns o certificado dixital aos seus veciños
LugoXa
O Concello pon en marcha desde o luns dúas oficinas de rexistro para que os veciños e veciñas poidan obter in situ o certificado dixital
O Goberno local fixo os trámites oportunos coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre
18 Maio 2024
O Concello de Monterroso expedirá desde o luns o certificado dixital aos veciños e veciñas que o soliciten. Para iso foi preciso que o Goberno local levara a cabo os trámites oportunos coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. O Concello pon en marcha desde o luns dúas oficinas de rexistro para que os veciños e veciñas poidan obter in situ o certificado dixital.
Unha delas vai estar emprazada nas oficinas municipais do Concello de Monterroso e, a outra, no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do Concello de Monterroso ou no teléfono 982 377 001 en horario de 09.00 a 11.00 horas e no 982 377 814 en horario de 16.00 a 19.00 horas.