Monterroso mellora o camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo

LugoXa
O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso
bidouredo-monterroso
5 Aug 2024

O Concello de Monterroso vén de iniciar as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo coa limpeza do espazo no que se vai actuar. O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e a súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade. A actuación supón ademais a renovación do firme, que se fará esta semana, así como a instalación de sinalización axeitada.

As obras terán unha duración total de un mes e teñen un presuposto de 24.500 euros. O 70 % da actuación finánciase con cargo á orde da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións a concellos para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O 30% restante achégao o Concello de Monterroso. O alcalde, Eloy Pérez, e os dous concelleiros do equipo de Goberno achegáronse ata a zona para comprobar o estado dos traballos.

0.13236713409424