Monterroso mellora o camiño do núcleo de Bidouredo ao límite con Antas
LugoXa
A intervención, que se executará en datas próximas, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación
30 May 2024
O Concello de Monterroso acometerá a mellora do camiño municipal do núcleo de Bidouredo a o limite municipal de Antas de Ulla. A intervención, que se executará en datas próximas, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. As obras contan cun investimento de 9.351,30 euros.
O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade. O alcalde, Eloy Pérez, visitou a zona onde se vai actuar acompañado polos concelleiros do equipo de Goberno.