Monterroso mellora o camiño municipal que une os núcleos de Sambreixo, Ladar e A Goleta
LugoXa
O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso
31 Xul 2024
O Concello de Monterroso vén de comezar as obras de mellora do camiño municipal que une os núcleos de Sambreixo, Ladar e A Goleta. O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
A obra, que conta cun orzamento de 34.489 euros é financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. O alcalde, Eloy Pérez, acompañado pola concelleira Jessica Rodríguez, achegouse ata a zona de actuación para comprobar o estado dos traballos, que van ter unha duración aproximada dun mes.