Monterroso mellorará o camiño de acceso ao núcleo de Esporiz
O Concello de Monterroso vai levar a cabo as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz. O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polos concelleiros Jessica Rodríguez e Balbino Martínez, visitaron a zona onde se van acometer os traballos. A actuación vai consistir en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
A obra, que conta cun orzamentos de 16.015,69 euros, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. A duración dos traballos será de un mes. Antes dos traballos de aglomerado, o Goberno local vaise encargar de cambiar a canalización de abastecemento, que era de fibrocemento, para substituíla por polietileno, evitando así as avarías que se viñan producindo de xeito continuo.
Para iso proponse o fresado de pavimento bituminoso ou de formigón existente, para un espesor de 5 centímetros, incluso carga, barrido, retirada e transporte de residuos a lugar de emprego e/ou xestor autorizado ata unha distancia de 60 quilómetros; a limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, mediante cepillo de aramio e a limpeza de foxo con motoniveladora (2 foxos), incluíndo carga e transporte a vertedoiro.