Monterroso ofrece un novo curso de primeiros auxilios totalmente de balde

LugoXa
As inscricións pode facerse no Espazo Cultural Lorenzo Varela de 09.00 a 14.00 horas
curso-de-primeiros-auxilios-rabade-portada
9 sep 2024

O Concello de Monterroso un curso de primeiros auxilios totalmente d ebalde que terá lugar o vindeiro 21 de setembro. Será no Espazo Cultural Lorenzo Varela e as inscricións pode facerse no Espazo Cultural Lorenzo Varela de 09.00 a 14.00 horas.

Nesta actividade, que se desenvolverá de 10.00 a 15.00, os interesados achegaranse aos auxilios como concepto, a su clasificación, á conduta PAS e tamén á cadea de supervivencia. Ademais, tratará a activación 112, a posición lateral de seguridade, hemorraxias, shock, feridas, insolación ou golpe de calor, queimaduras, contusións, traumatismo e o vértigo, entre outras cuestións.

Un curso de primeiros auxilios serve para ensinar ás persoas as habilidades necesarias para responder de maneira eficaz ante situacións de emerxencia ou lesións inesperadas. Entre os seus obxectivos principais está proporcionar atención inmediata, ensinado a actuar rapidamente para estabilizar a persoa ferida ou enferma antes de que cheguen os servizos de emerxencia, e previr complicacións, xa que os coñecementos adquiridos permiten tomar medidas que poden evitar que unha situación empeore, como deter unha hemorraxia, realizar manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) ou tratar unha ferida.

0.14752292633057