Monterroso programa un curso de primeiros auxilios pediátricos

LugoXa
Proporciona as habilidades e coñecementos necesarios para salvar vidas e reducir o impacto das emerxencias médicas nos nenos
Primeiros auxilios
8 sep 2024

Monterroso programa un curso de primeiros auxilios pediátricos. A cita será o vindeiro venres 13 de setembro de 16.00 a 21.00 horas no espazo cultural Lorenzo Valera, onde tamén se poden facer as inscricións para a proposta que é de balde. Un curso de primeiros auxilios pediátricos serve para capacitar a persoas, como pais, coidadores, mestres e profesionais da saúde, en como actuar ante emerxencias médicas que involucren nenos e bebés.

Entre os propósitos clave encóntrase a reacción rápida en emerxencias para ensinar como responder de forma inmediata e efectiva ante situacións de perigo e achegar os coñecementos específicos para nenos a través de  técnicas específicas, como a reanimación cardiopulmonar (RCP) pediátrica.

Tamén se busca a prevención de complicacións para aprender a estabilizar ao neno mentres se espera a chegada de axuda profesional.  En resumo, un curso de primeiros auxilios pediátricos proporciona as habilidades e coñecementos necesarios para salvar vidas e reducir o impacto das emerxencias médicas nos nenos.

0.19015192985535