Monterroso organiza unha nova Feira de Oportunidades para impulsar o comercio local

O Concello de Monterroso organiza, en colaboración co comercio local, unha nova edición da Feira de Oportunidades que terá lugar os días 27 e 28 de marzo co obxectivo de dinamizar a actividade comercial da vila e incentivar as compras nos establecementos do municipio.
Durante esas dúas xornadas, as persoas que realicen compras nos comercios participantes entrarán nun sorteo de vales agasallo. En concreto, sortearase un vale de 30 euros por cada tenda adherida á campaña, unha iniciativa que busca premiar á clientela e, ao mesmo tempo, fomentar o consumo no comercio de proximidade.
O sorteo celebrarase o día 30 de marzo, data na que tamén se darán a coñecer os nomes das persoas gañadoras.
Na Feira de Oportunidades participan un total de dezaseis establecementos da vila: Moda Xoven Triscos, Droguería Aromas, Mercería Casa Gaseosas, Zapatería Cris Abad, Librería Meiga, Floristería Divina, Creaciones Gaspar, Decor Hogar Kare, Marisa Floristería, Modas Otero, Zapatería Monterroso, Modas Ramos, Suministros Eva Ríos, Marton Sport, Kokoro The Studio e Cousas Novas.
Desde o Concello destacan que esta iniciativa pretende apoiar o comercio local e reforzar o seu papel como motor económico e social do municipio.