Monterroso organiza unha ocioteca, campamentos e clases de natación para conciliar no verán
O Concello de Monterroso pon en marcha o servizo de Ocioteca para o verán. Este mércores 22 de maio a partir das 15.30 horas abre o prazo de matrícula no servizo de conciliación, que permanecerá aberto ata o 7 de xuño. A actividade terá lugar do 3 de xullo ao 30 de agosto e será de balde para os nenos empadroados.
Pola súa parte, o campamento Infantil, o xuvenil e as clases de natación abren o prazo de matrícula o xoves 23 de maio. A actividade para os nenos de primaria será do 24 de xuño ao 10 de setembro, mentres que os campamentos para os rapaces de secundaria serán do 1 ao 12 de xullo (de tipo musical), do 16 ao 31 de xullo (o deportivo) e do 1 ao 14 de agosto (o cuturescencia).
As clases de natación desenvolveranse do 1 de xullo ao 30 de agosto para nenos e nenas de 4 anos en diante. Os interesados poderán anotarse ata o 7 de xuño no Espazo Cultural Lorenzo Varela.