Monterroso prepárase para o VII Desafío San Miguel
LugoXa
Ofrecen a modalidade dunha ruta longa de 52 quilómetros e unha versión curta de 36 quilómetros
9 sep 2024
Os amantes do ciclismo teñen unha cita esta fin de semana en Monterroso. A vila prepárase para celebrar o VII Desafío San Miguel que terá lugar este domingo día 15 de setembro. A proba comezará ás 09.30 horas na Praza do Conselleiro Fernando Salgado e mantén como principal obxectivo desfrutar da bicicleta.
Na xornada haberá servizo de ambulancia, avituallamento de sólidos e líquidos, lavado de bicis e pinchos finais. Ofrecen a modalidade dunha ruta longa de 52 quilómetros e unha versión curta de 36 quilómetros. As inscricións teñen un prezo de 17 para os federados e de 27 para os non federados conta coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Monterroso. Os interesados xa poden realizar as súas inscricións a través de CC Norte.