Monterroso cede un tramo da LU-221 para mellorar o seu estado
O Goberno local do Concello de Monterroso, a través dunha proposta de Alcaldía, aproba a mutación demanial subxectiva por cesión da titularidade do tramo da estrada LU-221 (Monterroso N-l40-Palas de Rei N-547) 0+000 ao 0+660 (calzada) a favor da Xunta de Galicia sen cambio do destino e en exercicio das súas competencias. A proposta de Alcaldía será foi aprobada no último no Pleno.
O alcalde toma esta decisión tendo en conta o mal estado de LU-221 no seu tramo comprendido entre o 0+000 e o 0+660, polo que se fai necesario levar a cabo a cesión da titularidade da estrada a favor da Xunta de Galicia para fins da súa competencia vinculados ao uso ou servizo público. A pesar de que as beirarrúas e o estacionamento en superficie se atopan nun estado de conservación aceptable, non ocorre o mesmo co firme de aglomerado asfáltico da calzada, que presenta un estado “mellorable”.
En concreto, refire importantes danos, como deformacións polo paso de vehículos pesados e fochas (algunhas xa marcadas), o que supón un risco para os vehículos que transitan a vía. De saír adiante a proposta, a Xunta poderá intervir na vía mellorando o seu estado e a seguridade da mesma.