Monterroso repara o tramo entre Leborey e a estrada da Deputación
LugoXa
O Goberno local actúa nesta vía con medios propios ao tratarse dunha zona que se atopaba moi deteriorada

6 Jun 2024
O Concello de Monterroso acomete obras de reparación do tramo entre Leborey e a estrada da Deputación ante o mal estado que presentaba o firme. O Goberno local actúa nesta vía con medios propios ao tratarse dunha zona que se atopaba moi deteriorada e ser unha vía moi transitada. O alcalde, Eloy Pérez, visitou a zona de actuación acompañado polo concelleiro Balbino Martínez.