Monterroso: Ruta do Románico na natureza

LugoXa
Este fermoso roteiro en Monterroso permite desfrutar da arquitectura románica a través dun recorrido de 12 quilómetros
sanlourenzo1 portada
8 Oct 2022

Un roteiro de 2:30 horas de duración e un total de 12 quilómetros de carácter circular e de dificultade media

A ruta da comezo na igrexa de San Miguel de Esporiz una igreza que pertence a segunda metade do século XII e é de estilo románico aínda que foi reformada no século XVI. Conta con unha nave rectangular e unha ábsida cadrada. A porta principal, un dos elementos mais elaborados da igrexa, é de medio punto con arquivoltas interiores e decoración de arquillos e bandas no exterior. Tamén conta con dúas ordes de columnas e fustes estriados e os capiteis están decorados con formas zoomorfas e vexetais. Dende a igrexa hai que tomar dirección cara ao nordés e saíndo de Esporiz xirar a esquerda dirección a Cariza onde comeza o ascenso.

En Cariza atópase unha fonte entre carballos e un lavadoiro que dan mostra da riqueza do patrimonio etnográfico da zona. A continuación encóntrase a Pena da Chousa Nova, no monte da Cariza e seguidamente hai que baixar a costa da Fontela ata chegar a estrada LU-221 que hai que cruzar para chegar a Bidouredo. Cara o final da vila haberá que xirar a dereita para ascender ata a igrexa de Bidouredo, unha igrexa románica construída na segunda metade do século XII. Con unha nave e ábsida rectangular, a portada occidental é a parte mais interesante do conxunto. Conta con casetóns na arquivolta de medio punto, dúas ordes de columnas con capiteis decorados e un tímpano adintelado sobre mochetas.

Seguindo o camiño atópase novamente a estrada LU-221 onde haberá que xirar a esquerda e avanzar 170 metros ata chegar ao desvío da Moreira a dereita para continuar cara o norte polo monte da Rega con unha gran beleza natural. Despois de tres quilómetros está San Lourenzo con un tempo románico que é o mais antigo do municipio que data de 1127. Ten unha nave en cruz latina e conta con unha ábsida rectangular e sacristía adosada. Os retablos que se conservan nas capelas laterais son de estilo neoclásico.

Pola parte traseira da capela e xirando a esquerda continúase dirección leste uns 765 metros ata chegar a igrexa de Santa María de Pedraza. Esta igrexa conta con restos da estrutura románica aínda que foi reedificada no século XIX. Cunha planta en cruz latina conta cunha portada alintelada e varios canzorros pertencentes a obra románica. No seu interior destacan dous retablos laterais de estilo neoclásico.

A ruta continúa por un sedeiro ubicado detrás da igrexa no que hai que coller a man dereita ata chegar a un cruce onde se volve coller a dereita. Neste tramo de tres quilómetros pódese desfrutar de unha gran paisaxe natural con bidueiros, carballos e algún regato ata chegar a Podente. Unha vez pasado Podente é necesario coller o primeiro desvío a man dereita para chegar novamente a Esporiz.

O Pazo de Podente, que non queda na mesma ruta, pódese desfrutar con un pequeno desvío de 500 metros. É un edificio de construción Barroca con planta en L construído en granito. O pazo conserva íntegra a cociña.

Ruta Monterroso
pedraza1
biruedo1
0.18914699554443