Monterroso vivirá unha tarde de actividades fluviais

LugoXa
O Concello de Monterroso acolle unha xornada de actividades fluviais gratuítas o vindeiro sábado 31 de xullo.
actividades fluviais ribeira piquin
28 Xul 2021

Monterroso acolle unha xornada de actividades fluviais gratuítas o vindeiro sábado 31 de xullo. Tobogáns, kaiaks, paddle surf e rocódromos acuáticos, son algunhas das actividades das que todos os nenos e nenas que o desexen poderán disfrutar. O horario no que se levará a cabo será de 16 a 19 horas e os participantes contarán con monitores especializados, que lles ensinarán e cos que farán as diferentes actividades dispoñibles.

A xornada celebrarase na área recreativa A Peneda e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes -distancia de seguridade, desinfección, grupos reducidos, etc-. Desta maneira, os nenos e nenas gozarán dunha tarde de río diferente, fresca e amena; na que se poderán xuntar veciños, veciñas e visitantes da vila.

Para máis información pódese contactar co teléfono 636 504 155. Así mesmo, dende a organización animan a todos e todas a participar e a divertirse dunha xornada pasada por auga.

actividades fluviais rio
actfluviais
0.17579507827759