Montse Valcárcel defende na Feira do 12 de Becerreá a potencia que son Os Ancares

LugoXa
Estas feiras serven para “dar valor ao traballo feito no rural pola xente do sector primario ao que tanto se maltrata” insistiu á nacionalista
feira-do-12-becerrea-montse-valcarcel
15 Dec 2024

A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel participou xunto cos concelleiros do BNG en Becerreá, Martín Gómez e Ovidio Montaña, e militantes e simpatizantes da organización, nunha nova edición da Feira do 12 de Becerreá.

Esta feira da Montaña de Lugo, que foi recuperada grazas ao colectivo local Rente o Couce, amosa unha gran e variada mostra de produtos da contorna dos Ancares. Montse Valcárcel enxalzou o papel destas mostras “feiras como esta do 12 son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio”

A deputada do BNG salientou “os Ancares é unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar, a mostra é esta feira a que amosa a calidade e a variedade que se produce neste enclave” ademais de destacar a importancia de destinar “máis servizos e máis apoios” ao medio rural para poder construír, dixo, “un medio rural vivo”.

Nesta liña, a deputada do BNG destacou “mais para iso son precisos proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven aquí”.

Por outra banda, a deputada nacionalista tamén destacou as dificultades polas que está a pasar o sector agrogandeiro por mor da crise de prezos “están baixo o precipicio por mor da suba dos custos de produción e unha PAC na que non se defenden os dereitos, e ante este contexto, temos ao Goberno da Xunta como o do Estado paralizados”. Estas feiras serven para “dar valor ao traballo feito no rural pola xente do sector primario ao que tanto se maltrata” insistiu á nacionalista.

⚙ Configurar cookies
0.40046882629395