Montse Valcárcel esixe á Xunta a retirada do muro antigo tras a renovación da contorna da Residencia

LugoXa
A deputada do BNG lembrou que hai un ano xa se pediu a retirada deste muro e que, despois de retirar as conexións eléctricas, "seguimos a ver como afea a imaxe da zona"
barrio-da-Residencia-Lugo-BNG
6 Jun 2025

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, reclamou de novo á Xunta de Galicia que retire o anaco de muro antigo que deixaron apuntalado tras a renovación da contorna da Residencia en Lugo. Valcárcel lembrou que hai un ano xa se pediu a retirada deste muro e que, despois de retirar as conexións eléctricas, "seguimos a ver como afea a imaxe da zona".

"A Xunta sempre segue o mesmo proceso, planifican mal as obras, deixando os traballos a medias", explicou Valcárcel, que engadiu que "a Xunta ten que traballar para mellorar a cidade, tamén no eido estético, pero segue a demostrar que non lle preocupa a cidade de Lugo, permitindo este tipo de solucións que empeoran a imaxe da cidade".

A deputada reclamou á Xunta que mellore a planificación das obras "completándoas e non deixando anacos sen facer", lembrando que a responsabilidade é da Xunta de Galicia por seren a administración promotora da renovación da contorna da Residencia. "Agardamos que a Xunta deixe de botar balóns fóra e traballen para mellorar a imaxe da cidade", afirmou.

⚙ Configurar cookies
0.18679809570312