Moredo celebra as Festas da Pascua 2025 cunha gran programación en Palas de Rei

LugoXa
A festa comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo do Trío Manhattan, formación que tamén será protagonista da verbena nocturna, ás 23:00 horas
Trío-Manhattan
18 Apr 2025

A parroquia de Moredo, en Palas de Rei, prepárase para celebrar por todo o alto as Festas da Pascua 2025 os días 19 e 20 de abril, cunha programación repleta de música, xogos populares e tradición para todos os públicos.

O sábado 19 de abril, a festa comezará ás 13:30 horas cunha animada sesión vermú a cargo do Trío Manhattan, formación que tamén será protagonista da verbena nocturna, ás 23:00 horas, acompañados nesta ocasión polo Dúo D’Vicio, prometendo unha noite chea de ritmo e bo ambiente.

Pola tarde, ás 18:30 horas, haberá xogos populares no campo da festa, unha actividade que xa se consolida como parte esencial destas festas e que incluirá sorpresas para os participantes.

O domingo 20 de abril, a xornada comezará cunha misa solemne ás 12:45 horas e continuará coas actuacións do Dúo La Hora Bruja, que poñerán o punto musical ao día festivo.

A organización contará cun campo cuberto con carpa, garantindo así a celebración sen importar as condicións meteorolóxicas. Ademais, durante as festas realizaranse sorteos e manteranse actividades para todas as idades.

As Festas da Pascua de Moredo contan coa colaboración do Concello de Palas de Rei, así como de numerosos comercios e empresas da zona, nun esforzo conxunto por manter vivas as tradicións locais e ofrecer á veciñanza e visitantes unhas celebracións memorables.

⚙ Configurar cookies
0.16202402114868