Moredo celebra as Festas da Pascua con música, xogos e verbena en Palas de Rei

LugoXa
Durante toda a celebración haberá sorteos e actividades complementarias, así como xogos populares con sorpresas para as persoas participantes
fogos-artificiais-festas
31 Mar 2026

A parroquia de Moredo, no municipio de Palas de Rei, acollerá os días 4 e 5 de abril unha nova edición das súas Festas da Pascua, cun programa que combina música, tradición relixiosa e actividades para todos os públicos.

A programación dará comezo o sábado 4 cunha sesión vermú ás 13.30 horas a cargo do grupo JB Son. Pola noite, a partir das 23.00 horas, celebrarase a verbena coa actuación da orquestra Manhattan, acompañada novamente polo grupo JB Son. Ademais, durante a tarde haberá xogos populares no campo da festa, con propostas dirixidas á participación veciñal.

Xa o domingo 5, a xornada iniciarase cunha misa solemne ás 12.45 horas. A continuación, terá lugar unha nova sesión vermú, nesta ocasión coa actuación do grupo Reflejos.

Durante toda a celebración haberá sorteos e actividades complementarias, así como xogos populares con sorpresas para as persoas participantes. O recinto contará cun campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente das condicións meteorolóxicas.

0.11958408355713