Mosteiro acolle este sábado unha mostra de danza improvisada
LugoXa | TerraChaXa
Participan os asistentes ao Brinca Galicia Contact Festival que se celebra desde o luns
Imaxe de arquivo
12 Xul 2024
A localidade de Mosteiro, en Pol, acolle este sábado, ás 17.00 unha mostra de danza improvisada, unha actividade de balde e aberta para todos os públicos que se desenvolverá no campo de fútbol da localidade.
Trátase dunha actividade que levarán a cabo os participantes no Brinca Galicia Contact Festival que se celebra desde o luns na localidade, unha convivencia de sete días que mistura a danza e a convivencia na contorna natural.
A convivencia rematará este domingo despois do xantar.
Brinca é unha invitación para descubrir a danza como xogo, risco e conexión comunitaria, profundando na aprendizaxe e a práctica do Contact Improvisación.