Catro novos concertos confirmados para o San Froilán

LugoXa
A concelleira de Cultura anunciou dous novos concertos para o San Froilán 2022 Zahara e Muchachito Bombo Inferno
verbena festa orquesta concerto
9 sep 2022

A concelleira de Cultura anunciou catro novos concertos para o San Froilán 2022. Seun Kuti & Egypt 80, co seu espectáculo Love and revolution tour, que abrirán as festas o 4 de outubro, Amparanoia, que se achegará a Lugo o día 9 dentro da súa xira polo 30º aniversario da banda, a praza Horta do Seminario acollerá a Zahara o 5 de outubro e  Muchachito Bombo Infierno actuará o 7, ambos concertos ás 22:00.

Seun Kuti & Egypt 80

Seun Kuti é o fillo menor do pioneiro do Afrobeat Fela Kuti. Pasou a maior parte da súa vida preservando e extendendo o legado político e musical do seu pai como o líder da súa antiga banda Egypt 80. Kuti naceu a principios do 1983. Mostrou interese pola música de seu pai dende os cinco anos e aos nove empezou a abrir os espectáculos de Fela, cantando un selecto grupo de cancións con Egypt 80 antes de que seu pai subira ao escenario. Como saxofonista en proceso e percusionista, ingresou formalmente na banda antes dos 12 anos. Fela morreu no 1997 e Seun, en cumplimento dos desexos de seu pai, asumiu o mando como cabeza de Egypt 80; dirixíndoo dende entón.

O seus shows sempre foron unha mistura das melodías de seu pai e as súas propias. No camiño, Seun comezou a agregar o seu propio toque á música, profundizando en varias tradicións africanas para reflexar as loitas e culturas do continente. Seun realizou xiras por todo o mundo e tocou para audiencias entusiastamente receptivas en Detroit, New York, Los Ángeles, Chicago, Philadelphia, París, London, Tokyo. A actuación do San Froilán será o único concerto en Galiza, e o primeiro da súa xira de 3 concertos polo estado español.

Amparanoia

No ano 1997, no barrio madrileño de Lavapiés, unha xove Amparo Sánchez atopou a músicos de diferentes nacionalidades e deu forma á idea de mistura musical para lanzar as súas poderosas mensaxes que xa viñan soando por salas de concertos e tabernas do centro de Madrid. Ese mesmo ano editábase baixo o nome de AMPARANOIA, o rompedor “El poder de machín”, logo viñeron; “Feria Furiosa” no 99, “Somos viento” no 2002, “Enchilao” no 2003, “La vida te da” no 2005, “Seguirei camiñando” no 2008, “El coro de mi gente” no 2017 e “Himnopsis Colectiva” no 2021.

Logo de numerosas xiras por todo o mundo, AMPARANOIA segue a recibir recoñecemento internacional, posicionando os seus álbumes e singles entre os mellores, obtendo premios e certificando que Amparo Sánchez é a indiscutible pioneira da mestizaxe de finais dos 90.

Ao longo do 2022 Amparanoia está de xira, cunha banda maioritariamente feminina, un directo arrollador e unha sucesión de grandes éxitos para festexar o seu 25º aniversario.

Zahara

Zahara achegarase a Lugo para presentar o seu espectáculo La puta rave. Logo de interpretar o seu último disco PUTA durante todo o 2021 e o inicio do 2022, Zahara presenta un novo show completamente electrónico. O corazón da proposta está no tecno, onde as cancións de Zahara mestúranse nunha aposta radical polas máquinas. Zahara estará acompañada por Martí Perarnau IV, Manuel Cabezalí e as bailarinas Olga Suárez e Paulina Coelho cunha posta en escena inspirada nas raves londinenses e berlinesas ás que Zahara asistiu nos últimos anos.

Muchachitoo Bombo Inferno

A agrupación catalana Muchachito Bombo Infierno, liderada por Jairo Perera chega a Lugo cunha formación ao estilo Marching Band. Un show enérxico onde o repertorio de Muchachito Bombo Infierno mostra novos arranxos cunha potente selección de metais, percusión e coa guitarra de Muchachito. A agrupación comeza a súa andadura no 2004, e conta con colaboracións con artistas como Fito & Fitipaldis ou Albert Pla. No 2021 gravaron o tema principal da película El Club del Paro de David Marqués.

A concelleira tamén confrimou que este ano as casetas do polbo estarán presentes nas festas do San Froilán. Realizou o anuncio despois da primeira xuntanza da Mesa de Contratación que avaliou a documentación presentada polas distintas empresas interesadas. O Goberno de Lugo abre a partir de hoxe, seguindo o procedemento de contratación habitual, un prazo de 5 días para presentación de alegacións, e, “a partir da vindeira semana poderemos confirmar que negocios da hostalería se colocarán no recinto das casetas durante o San Froilán 2022”, explicou a concelleira.

Maite Ferreiro lembrou que, por acordo da Comisión de Festas, manterase o prezo dos productos nas casetas, conxelado desde o ano 2016. Deste xeito, as persoas que visiten as casetas do polbo durante este San Froilán poderán consumir cada ración de polbo (250g) a 12€, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50€ e a botella de viño (3/4l) a 6€.

0.14088296890259