Mudan os horarios de buses e do cemiterio durante a ponte
LugoXa
A partir deste mércores, 27 de outubro, e ata o 2 de novembro, o Cemiterio Municipal abrirá en horario de 10 a 19 horas.
27 Out 2021
As áreas de Mobilidade e Participación facilitan os desprazamentos da veciñanza ao cemiterio municipal.
A partir deste mércores, 27 de outubro, e ata o 2 de novembro, o Cemiterio Municipal abrirá en horario de 10 a 19 horas.
A área de Mobilidade programa buses de reforzo o día 31, entre as 15 e as 19 horas e o 1 entre as 10 e as 19.
Os buses de reforzo sairán de Obras Públicas, continuando pola Ronda cara a rúa Santiago, e a Estrada Vella de Santiago ata o Cemiterio. A ruta de retorno irá pola estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e Ronda, ata chegar a Obras Públicas.
O bus terá unha frecuencia de media hora.