Muller e Igualdade convoca un concurso de TikTok para sensibilizar sobre a trata de mulleres

LugoXa
A Concellería Muller e Igualdade pon en marcha un concurso de TikTok para sensibilizar sobre a trata de mulleres
Lugo pola igualdade portada
18 Ago 2022

A Concellería de Muller e Igualdade pon en marcha, por segundo ano consecutivo este certame que compilará videos da rede social TikTok. Esta actividade presentarase nas videiras semanas para conmemorar o Día Internacional Conta a Explotación Sexual e a Trata de Persoas que se celebra o 23 de setembro. 

O obxectivo desta convocatoria é potenciar a reflexión e a concienciación sobre a igualdade e contra a explotación sexual e tráfico de mulleres a través da actividade creativa. Para isto, elixiuse a plataforma TikTok, pola facilidade de creación que proporciona e por ser unha das redes sociais favoritas da mocidade.

Queremos que a cidadanía nos ofreza a súa versión da trata, que é tamén violencia de xénero”, explicou Silvia Alonso, quen animou á participación das e dos veciños de Lugo. Asemade, lembrou que con esta iniciativa se visibiliza a trata de persoas, que segundo un informe do 2020 elaborado pola UNODC (Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito), o 65% das vítimas detectadas son mulleres (46%) e nenas (19%).

Formar parte deste certame é tan sinxelo como subir un vídeo á rede TikTok, co cancelo do concurso (#Lugoporlaigualdad) e cubrir o seguinte formulario de inscrición: https://cutt.ly/xXhecdm, onde tamén se poden consultar as bases. A duración máxima das obras será dun minuto e pódense empregar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social, sendo imprescindible que a conta sexa pública. Poderán participar todas aquelas persoas que residan, traballen, estudien ou naceran en Lugo maiores de 14 anos e non serán admitidas obras con linguaxe xenófoba, machista, homófona, racista, violenta ou de incitación ao odio.

Tal e como explicou Silvia Alonso, os vídeos deben abordar calquera tema que concirna á loita pola igualdade e faga visible a explotación sexual e o tráfico de mulleres (proxenetismo, vulnerabilidade da muller prostituída, normalización aberrante do consumo da prostitución, etc.) O certame conta con dous premios: un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo con 100 euros. A data para a inscrición, que é totalmente gratuíta e online, é do 5 ao 23 de setembro de 2022 (ambos os dous días incluídos) e as persoas gañadoras daranse a coñecer o 30 de setembro de 2022 tras o fallo do xurado, que estará formado por representantes do Concello de Lugo, a Casa da Muller de Lugo e personalidades do sector audiovisual.

cartel_lugo_por_la_igualdad_y_contra_la_explotacion_sexual_y_el_trafico_de_mujeres_def
0.14979386329651