Mulleres Empresarias inicia un curso de reciclaxe en concellos da comarca
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo inicia este venres co seu programa de Aulas Abertas con distintas actividades formativas ao longo da provincia un curso sobre reciclaxe de envases.
21 sep 2023
A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo inicia este venres co seu programa de Aulas Abertas con distintas actividades formativas ao longo da provincia un curso sobre reciclaxe de envases.
Así, estes días estarán con esta formación en varias localidades da Terra Chá, a Ulloa e a Montaña. Arrancarán en Xermade cun curso na Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe. En Begonte terán o seu curso o 28 de setembro, xoves, no Cercud de Baamonde.
Seguirán o día 5 de outubro na anpa do CEIP O Salvador da Pastoriza.
Tamén estarán o 18, mércores, en Monterroso coa Asociación Cultural Falcatrueiros e o 30 de outubro finalizan coas mulleres rurais de Counavia, nas Nogais.
Todos os cursos son de 16.00 a 20.00 horas e estarán ao cargo de María Folgueira.