Mulleres na memoria hoxe no Gustavo Freire de Lugo
Hoxe, domingo 19 de decembro, o Auditorio Gustavo Freire acollerá a Iria Estévez Music e Gonzalo Piña, Los Zorros, Paloma Suanzes, Olalla Caamaño, Hit the beat, Carlos Díaz e Sara Cruz que presentarán as súas composicións sobres mulleres represariadas a través de poemarios de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco.
Dará comezo ás 20.30 e é preciso retirar a entrada previamente tanto no portal entradaslugo.es como na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función. Tamén se poderá adquirir no auditorio desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Este proxecto mestura poesía e música co fin de restaurar a memoria das mulleres asasinadas polo franquismo.
A obra “Ámote vermella” de Claudio Rodríguez Fer foi a referencia para os cinco músicos e grupos lucenses que colleron unha das pezas para realizar a súa composición propia. Esta selección dos poemas e documentación deu como resultado o repertorio que se levará a cabo hoxe.