Mulleres veciñais organiza unha actividade dentro do seu programa de igualdade

LugoXa
Mullleres veciñais organiza unha actividade mañá dentro do seu Programa de igualdade e contra a violencia de xénero
Xornadas federacion portada
6 Mar 2023

A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo unidos ao grupo de Mulleres Veciñais da área de igualdade organizan unha actividade para mañá martes dentro do Programa de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural.

A actividade terá lugar mañá 7 de marzo ás 20.00 no local social da asociación e dará comezo cunha actuación teatral do grupo de mulleres veciñais contando a historia de vítimas de violencia de xénero.

A continuación terá lugar unha xornada de alimentación saudable a cargo do nutricionista Roberto Alberte Dominguez.

Xornadas federación veciños
0.10317611694336