Muralleando regresa á Praza da Mosqueira con vinte concertos gratuítos este verán

LugoXa
Arroxo destacou que esta sexta edición consolida a importancia do Muralleando como unha das actividades culturais máis relevantes do verán
Muralleando-2025
2 Jul 2025

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou a sexta edición do ciclo de concertos Muralleando, que levará música ao aire libre á Praza da Mosqueira coa participación de vinte agrupacións locais. Os concertos, de balde, desenvolveranse os venres e sábados a partir das 20:30 horas, desde o 4 de xullo ata o 31 de agosto.

Arroxo destacou que esta sexta edición consolida a importancia do Muralleando como unha das actividades culturais máis relevantes do verán, que serve de punto de encontro para as agrupacións musicais locais mantendo a Muralla como eixo central, ao celebrarse na emblemática Praza da Mosqueira, un dos espazos máis destacados da programación cultural anual.

O Tenente Alcalde lembrou que Muralleando naceu en 2020 tras o confinamento co obxectivo de animar as rúas da cidade e apoiar o tecido cultural local, que viu cancelados moitos eventos durante ese período. Arroxo valorou tamén o carácter patrimonial da zona, que permite organizar actividades culturais respetando a riqueza arquitectónica da Mosqueira e o edificio racionalista deseñado por Eloy Maquieira.

O programa do Muralleando 2025 comeza o 4 de xullo con A Volta do Agro e continuará con actuacións de grupos como Mintons Jazz, Banda Filharmónica, Cantigas e Frores, Branca Villares, Los Hijos de la Vecina, Physical Graffiti, entre outros, rematando o 6 de setembro con Los Jorobados del Miño.

Este ciclo reafirma o compromiso do Concello coa cultura local, promovendo encontros musicais accesibles para toda a cidadanía nun escenario emblemático de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.17595195770264