Música e recitais enchen o Castelo de Pambre no Día das Letras

LugoXa
O Instituto de Estudos Ulloáns celebrará, o vindeiro 17 de maio, un acto conmemorativo do Día das Letras Galegas.
Letras Galegas IEU
13 Maio 2022

O Instituto de Estudos Ulloáns celebrará, o vindeiro 17 de maio, un acto conmemorativo do Día das Letras Galegas. O castelo de Pambre, en Palas de Rei, acollerá, dende as 17.30 horas, distintas intervencións literarias e musicais.

Entre as actividades, inclúese a presentación do libro Antas de Ulla no Centro Xeográfico de Galicia, da man de María Xosé Gómez Alvite.

PROGRAMA

17.30 Poetas no exilio, intervención de Francisco Pardo.
17.50 Lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán e de Lorenzo Varela.
18.00 María Xosé Gómez Alvite presentará o libro Antas de Ulla no Centro Xeográfico de Galicia.
18.20 Actuación musical: Cantos da Ulloa recollidos pola Asociación Tesmenteira. Piano: Aldara Garcia Gómez. Voces: Erica Garcia, Beatriz Garcia, Pilar Naveira, María Bouzas, Patricia Coucheiro.

0.20777893066406