Música e vehículos eléctricos celebran o Día de Europa en Lugo
O Concello de Lugo organizou para esta tarde unha serie de actividades co gallo da celebración do Día de Europa. Unha efeméride que cada 9 de maio conmemora o aniversario da Declaración de Shuman, asinada en 1950. Celebraranse un amplo abano de actividades nas que se incluirán sesións de música e baile en directo, obradoiros para os nenos e nenas, así como un circuíto de bicicletas e patinetes eléctricos instalado na propia praza e sorteo de agasallos.
O centro de información europea da entidade local, Europe Direct Lugo, foi o encargado de planificar esta ampla programación que terá lugar na Praza Maior entre as 17.30 e as 20.00 horas.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidou a toda a cidadanía a participar desta celebración que “ten como obxectivo reivindicar un proxecto de colaboración e solidariedade entre países”.
Durante o evento, Lara Méndez procederá á lectura dun manidesto en nome do Concello de Lugo, logo do cal se escoitará o himno europeo (Novena Sinfonía de Beethoven) e se izará a bandeira da Unión Europea.
PROGRAMA
Desde as 17:30 h:
DJ Marcos Peón
Talleres infantís Europa somos todos
Circuíto de vehículos eléctricos
Mesa informativa sobre o Día de Europa
Mesa informativa sobre os programas DUSI E LIFE
Ruleta da fortuna e sorteo de agasallos
18:30 h: Acto institucional
Lectura de manifesto a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
Izado da bandeira da Unión Europea coa colaboración de Star Dance