'Na túa cara / In yer face' chega ao Auditorio Gustavo Freire da man da Escola Palimoco

LugoXa
O grupo presenta unha obra provocadora dirixida por Paloma Lugilde, pensada para maiores de 16 anos e con función o 27 de xuño
Palimoco Teatro
23 Jun 2025

A Escola Palimoco Teatro Danza presenta a obra 'Na túa cara / In yer face', baixo a dirección e dramaturxia de Paloma Lugilde, o venres 27 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A montaxe, que propón unha mirada directa e sen filtros, está destinada a público maior de 16 anos.

As entradas poderán mercarse na Escola Palimoco entre os días 19 e 23 de xuño por 5 euros, ou tamén se poderán adquirir o mesmo día do espectáculo en taquilla por 6 euros.

Este proxecto conta coa colaboración de Inversa Teatro e está integrado na asociación de compañías Escena Galega, destacando pola súa aposta por un teatro contemporáneo, experimental e comprometido.

⚙ Configurar cookies
0.16607809066772