Nace Mulleres Líderes de Galicia para impulsar o liderado feminino

GaliciaXa | LugoXa
A nova asociación, presidida por Anjhara Gómez, terá a súa presentación oficial o 25 de febreiro
Galatea-AELU
18 Feb 2026

Anjhara Gómez asume a presidencia da recentemente creada asociación Mulleres Líderes de Galicia, unha entidade profesional con sede en Lugo que pretende actuar como unha tribo activa e comprometida no fomento do liderado feminino.

O seu obxectivo é sumar talento, liderado e compromiso coa comunidade galega, consolidando unha sede de mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais.

A presentación oficial da asociación será o 25 de febreiro ás 20.00 horas nun acto pechado en Lugo, marcando o inicio dunha nova etapa para o liderado feminino na rexión.

⚙ Configurar cookies
0.081749200820923