Nace un novo festival en Navia de Suarna, Soa Suarna

As promotoras do festival queren organizar unha serie de actividades ao longo de todo o ano, que culminarán nun gran evento no verán de 2025
Soa-Suarna-Festival
17 Feb 2025

Navia de Suarna acollerá un novo festival cultural, Soa Suarna, que nace co obxectivo de dinamizar o rural galego e poñer en valor a súa cultura local.

Este proxecto especial xorde como parte dun Traballo de Fin de Grao (TFG) e busca crear un espazo onde a tradición se combine con novas propostas culturais e artísticas.

As promotoras do festival queren organizar unha serie de actividades ao longo de todo o ano, que culminarán nun gran evento no verán de 2025.

O festival pretende ser unha celebración das raíces culturais da zona de Navia de Suarna, ao mesmo tempo que trae iniciativas innovadoras que enriquezan a oferta cultural da comarca.

A través das súas redes sociais, o proxecto anunciará moi pronto máis detalles sobre o evento e as actividades previstas. "Estade atentxs e seguídenos nas nosas redes sociais", animan as promotoras, que están traballando para ofrecer unha programación variada e atractiva para todos os públicos.

0.18171286582947