Nadela recuperará o día 3 a popular Feira de Entroido
Nadela volverá contar coa tradicional Festa de Entroido, que incluirá o habitual baile e concurso de disfraces.
A organización está ao cargo da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de San Xoán de Pena que escolleu o 3 febreiro para celebrar dito evento.
Esta celebración non se recuperou despois da pandemia e agora, coa recuperación está previsto unha ampliación das actividades.
Comezará coa apertura da feira, centrada na alimentación propia do Entroido, aínda que tamén haberá polbo e postos de artesanía así como filloeiras de Muimenta. Para participar na feira xa está aberto o prazo de reserva de postos, que se pechará o día 31.
Por la tarde está previsto o baile e o concurso de disfraces, que estará amenizado por unha agrupación musical e unha charanga.
O cartel do evento foi deseñado por Mateo e Teresa Castro-Gil, veciños da parroquia.