Narla contará cun magosto organizado por Pena Castrela o próximo sábado
LugoXa | TerraChaXa
A festa estará animada pola actuación musical de Nerea Cobas e o DJ Casanova
27 Out 2024
O vindeiro 2 de novembro de 2024, Narla será o escenario dun dos eventos máis esperados do outono: o Magosto organizado pola Asociación Pena Castrela. A celebración incluirá un menú tradicional con pratos como empanada, chourizo, panceta e churrasco, seguido dunha sobremesa con café, castañas e queixo con membrillo. Todo isto por un prezo de 20 euros por persoa.
A festa estará animada pola actuación musical de Nerea Cobas e o DJ Casanova, que garantirá unha tarde e noite de diversión para todos os asistentes.
O prazo para anotarse remata o 28 de outubro, ou ata completar o aforo.