Nas vindeiras semanas comezarán as obras da renovación integral de Lamas de Prado

LugoXa
La renovación integral de Lamas de Prado comenzará en las próximas semanas. Esta actuación contará con una inversión de 533.933 euros.
lamas prado lugo
20 Xan 2022

O concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, lembrou que o Goberno de Lugo iniciará nas vindeiras semanas a renovación da rúa Lamas de Prado. Penas fixo balance dos traballos executados durante o ano 2020 pola concellería de infraestruturas urbanas no barrio, e lembrou que se realizaron accións de calmado de tráfico na contorna do colexio Menéndez Pelayo e da escola infantil municipal Serra de Outes. “Estes traballos consistiron na renovación da sinalización horizontal e na creación de novos pasos de peóns elevados para garantir a seguridade das e dos peóns nestas zonas, especialmente das nenas e nenos”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “continuaremos a mellorar Lamas de Prado, cunha renovación integral que vai aumentar a accesibilidade e que mellorará a súa estética, mellorando a imaxe da cidade e do barrio”.

O Goberno de Lugo investirá 533.933€ nesta actuación, que foi adxudicada a Construccións RAFER S.L. Penas destacou a importancia desta obra, dado que “Lamas de Prado é a conexión central de todo un barrio que conta con máis de 15.000 habitantes", e afirmou que “actuaremos tanto na renovación da parte visible da rúa, como a estrada e as beirarrúas, e nos servizos que están soterrados”.

A seguridade vial da zona mellorará con esta renovación. A renovación das beirarrúas permitirá aumentar a accesibilidade ao eliminarse as barreiras arquitectónicas da rúa. “Ao mesmo tempo, continuarase avanzando no calmado do tráfico, ao instalarse na zona novos pasos de peóns elevados, ademais de mellorarse a disposición da sinalización vial”, explicou o concelleiro. O treito fronte á praza do Castiñeiro converterase nunha plataforma única, gañando espazo peonil sen afectar á mobilidade dos vehículos.

Renovarase, ademais, o mobiliario urbano e as zonas verdes da zona e instalarase unha nova marquesiña para a parada do bus urbano, e habilitaranse novos aparcabicis “para continuar a fomentar o uso da bicicleta e do transporte público como medio de transporte alternativo ao vehículo privado”, afirmou Alexandre Penas.

0.17829895019531