Navia acolle esta fin de semana a Ruta da Androlla 4x4

Navia de Suarna celebra durante esta fin de semana a Ruta de Androlla 4x4 organizada polo Club Ancares 4x4
V ruta da androlla navia 2024
V ruta da androlla navia 2024
8 Feb 2024

Navia de Suarna acolle unha nova edición da Ruta da Androlla 4x4 que organiza o Club Ancares 4x4 esta fin de semana. Agardan a presenza de centos de participantes procedentes de Galicia e doutros puntos de España, como Cataluña e Asturias.

Esta cita comezará o venres 9 ás 21.30 horas coa presentación, que dará paso o sábado 10 ás 9.30 horas coa saída. Xa ás 10.00 horas haberá parada para o café de campaña e ás 13.00 horas terá lugar a comida.

Ás 19.30 horas espérase a chegada do primeiro participante e ás 22.30 horas celebrarase a cea, o sorteo e a entrega de premios.

O domingo 11, ás 10.30 horas comezarán as probas de habilidades e ás 15.00 horas terá lugar a comida.

0.1044180393219