Navia acollerá os Sábados Teatrais e a IV Polavila Naviega-Cantos de Taberna

A través da Asociación de Veciños Irmandade Naviega de Navia de Suarna, celebraranse estas actividades para os veciños e veciñas do municipio
Cantos-de-Taberna-Navia
11 Dec 2024

A Asociación de Veciños Irmandade Naviega de Navia de Suarna organiza novas actividades neste mes do Nadal: os Sábados Teatrais e a IV Polavila Naviega-Cantos de Taberna.

Desta maneira, este sábado, 14 de decembro, terá lugar a representación teatral da obra Rara Avis da compañía de LÎLÂ TeaTro; mentres que o día 28 representarase A viaxe do Señor López da compañía Señor López Producións.

Ademais, o vindeiro 4 de xaneiro, sábado, celebrarase a IV Polavila Naviega- Cantos de Taberna, que tivo a súa primeira edición en 2019 e que levará a música por distintos establecementos de Navia de Suarna durante unha xornada á que poden sumarse todos os veciños e veciñas interesados.

⚙ Configurar cookies
0.25570821762085