Navia de Suarna acolle un curso de cestería o vindeiro sábado

A Deputación organiza en Navia de Suarna un curso de cestería dentro da programación do terceiro trimestre da Reserva da Biosfera os Ancares
pilar garcia porto
29 Maio 2022

A escola de Barcia, no Concello de Navia de Suarna, acollerá o vindeiro sábado, 4 de xuño, un curso de cestería organizado pola Deputación ao abeiro do programa de actividades para este trimestre na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Unha actividade dirixida a público adulto cun máximo de 8 persoas, será preciso reservar praza no 982 227 812 ou no 982 227 813. Tamén está a disposición das persoas interesadas o enderezo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org.

O curso de cestería terá lugar entre as 16.00 e as 21.00 horas.

0.11920285224915